Publicador de contidos

null A Xunta aproba un teito de gasto de 11.571 millóns de euros para 2022

A Xunta aproba un teito de gasto de 11.571 millóns de euros para 2022

29/07/2021 13:54 Tempo estimado: 1 min

O Goberno galego aprobou este xoves o teito de gasto para 2022 por 11.571 millóns, lixeiramente superior en oito millóns ao do ano pasado, avanzou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen dixo que é un teito de gasto "prudente e realista".

Tras a reunión semanal do Consello da Xunta, Feijóo asegurou que nese teito de gasto previsto se inclúen os 211 millóns de euros polo IVE de 2017 que o Goberno reintegrará a Galicia e destacou que sen ese diñeiro o teito de gasto tería que baixar nesa proporción.

O acordo co teito de gasto será remitido ao Parlamento para ser debatido e aprobado en pleno a próxima semana, o que demostra que "a estabilidade política é rendible", afirmou Núñez Feijóo, quen lembrou que o Goberno central aínda aprobou o seu límite de gasto esta mesma semana e que os traballadores da Xunta tiveron que realizar un traballo intenso para poder ter pechada hoxe, "en cuestión de horas" esa cifra do teito de gasto, que permitirá ter presupostos para o próximo ano "en tempo e forma".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos