Publicador de contidos

null Biden defende a decisión de retirar as tropas e sinala as forzas afgás por non loitar

Biden defende a decisión de retirar as tropas e sinala as forzas afgás por non loitar

 "O dos talibáns vai ser un réxime do terror, sobre todo contra as mulleres"

17/08/2021 12:14 Tempo estimado: 2 min

O presidente estadounidense, Joe Biden, defendeu este luns "por completo" a súa decisión da retirada militar de Afganistán, pese ao caos desatado en Kabul, aínda que recoñeceu que a toma da capital afgá por parte dos talibáns produciuse "máis rápido do anticipado". "Apoio por completo a miña decisión. Despois de 20 anos, aprendín da maneira máis dura que nunca é un bo momento para retirar as tropas estadounidenses", dixo Biden nun discurso ao país, tras as dramáticas escenas vividas nas últimas horas no aeroporto de Cabul, despois de que a capital afgá caera o domingo en mans dos talibáns. 

O mandatario asegurou que A China e Rusia "estarían encantados" con que os Estados Unidos gasten miles de millóns de dólares máis en estabilizar Afganistán. "A nosa misión nunca foi crear un país, unha democracia unificada e centralida, foi para evitar ataques terroristas contra chan estadounidense". 

Biden, advertiu de que o seu país defenderá á súa xente con "forza devastadora" se os talibáns atacan persoal estadounidense ou sabotean a evacuación de Afganistán. "Defenderemos á nosa xente con forza devastadora se é necesario", dixo.

A situación en Cabul segue sendo caótica, con milleiros de afgáns intentando desesperadamente saír do país. O presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, defendeu a decisión de abandonar Afganistán e culpou o exército afgán de permitir o rápido avance dos talibáns. 

Pediulles aos seus nacionais que non vaian ao aeroporto de Cabul, que aínda que é o único lugar que segue fóra do control dos talibáns, seguen chegando afgáns para tentar fuxir. Segundo as últimas estimacións, 7 persoas morreron no aeródromo no medio do caos.

O Consello de Seguridade da ONU pediu que a comunidades internacional actúe unida para preservar o respecto dos dereitos humanos en Afganistán e evitar que o país volva converterse nun refuxio para terroristas.

Guterres mostrou especial preocupación polas mulleres e nenas afgás, en perigo de morte baixo o réxime talibán. Para elas volven os tempos máis negros. Burkas, matrimonios forzados, violencia sexual, represión e ameaza de morte se non cumpren as normas dos talibáns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos