Publicador de contidos

null Como se vixía a calidade dos alimentos e das augas de praias e piscinas?

Como se vixía a calidade dos alimentos e das augas de praias e piscinas?

28/07/2021 15:12 Tempo estimado: 1 min

Técnicos de saúde pública toman mostras aleatorias dos alimentos para garantir que cumpren con todas os requisitos de seguridade que marca a normativa. Todos os establecementos galegos de venda de alimentos están controlados. Inés Mato, subdirectora xeral de Programas de Controis de Risco para a Saúde, di que se "vai aos diferentes establecementos e se fan análises de rutina".

"Panaderías, restaurantes, carnicerías... todos estes establecementos están rexistrados, témolos nunha base de datos e fanse inspeccións cada certo tempo", explica. Ademais de velar pola nosa saúde alimentaria, os técnicos do Sergas tamén traballan para que esteamos seguros mentres descansamos.

As praias non se abren ao público en Galicia sen o seu visto e prace. Inés Mato, asegura que "cada 15 días se recolle unha mostra de auga e tamén se analiza a contorna, que non haxa verquidos e que non haxa medusas". As aguas das piscinas tamén se analizan no laboratorio de Saúde Pública. Detéctase calquera posible contaminación e, se fose necesario, emítese unha alerta. O importante é garantir a seguridade das persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos