Publicador de contidos

null Detectan un gromo na residencia lucense das Gándaras con 49 positivos

Detectan un gromo na residencia lucense das Gándaras con 49 positivos

17/08/2021 12:19 Tempo estimado: 1 min

É a primeira vez que o centro rexistra casos entre os residentes. Ata o de agora os internos libraranse da covid, aínda que si se dera algún contaxio entre os traballadores. É o xeriátrico público máis grande da provincia, con 180 residentes.

O gromo detectouse ao ingresar un dos residentes no hospital. Activouse o protocolo e fíxose un cribado do que saíron eses 49 contaxios. A maioría dos contaxiados están ben, sen síntomas ou con síntomas leves. Cos datos actuais é o centro de maiores con máis infectados de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos