Publicador de contidos

null Entre hoxe e o venres recibirán a primeira dose 56.000 mozos de entre 16 e 29 anos

Entre hoxe e o venres recibirán a primeira dose 56.000 mozos de entre 16 e 29 anos

17/08/2021 12:20 Tempo estimado: 1 min

Retómase a vacinación dos mozos maiores de 16 anos. Tanto hoxe coma o venres serán xornadas de citación masiva, con máis de 56.000 mozos de entre 16 e 29 anos convocados para recibir a primeira dose.

Galicia volve saír mal parada da repartición das 3,4 millóns doses extra de Pfizer que o Ministerio de Sanidade comezou a distribuír onte mesmo. O motivo é que o criterio que se aplica é o de reequilibrio entre as comunidades que teñen máis poboación nova. Así, Galicia conta con 102.000 doses de Pfizer, menos da metade das que recibira o mes pasado.

O destino destas doses serán os máis novos. Entre hoxe e o venres vanse vacinar coa primeira dose máis de 56.000 mozos entre 16 e 29 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos