Publicador de contidos

null Extraordinario quinto posto de Antía Jácome na final do C1-200

Extraordinario quinto posto de Antía Jácome na final do C1-200

Na súa estrea olímpica, con só 21 anos, a pontevedresa quedou a menos de dúas décimas da medalla

05/08/2021 12:52 Tempo estimado: 1 min

Antía Jácome estivo a piques de dar a sorpresa e traer outra medalla para Galicia. Chegou á final A do C1 200 e levou un diploma cun quinto posto e quedando a menos de dúas décimas da medalla olímpica.

Un par de horas antes remara a semifinal diante de dúas das favoritas, Harrison e Vincent-Lapointe. Fíxoo sen complexos malia ser unha debutante e acadou o cuarto posto, o derradeiro que daba acceso á final A. 

Unha finalísima olímpica en que lle tocou ir polo carreiro lateral e desde aí sorprendeu meténdose entre as mellores. Deixou atrás a Lin, Romasenko e Vicent e meteuse na pelexa con Luzan e Borowka pola medalla de bronce. Por adiante, as únicas que baixaron dos 47 segundos foron Harrison e Vincent-Lapointe, ouro e prata. Jácome entrou cun tempo de 47.226, a dúas décimas da medalla de bronce que foi para a ucraína Luzan. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos