Publicador de contidos

null O BNG presenta 23.000 sinaturas contra a suba da luz e por unha tarifa galega

O BNG presenta 23.000 sinaturas contra a suba da luz e por unha tarifa galega

22/07/2021 16:49 Tempo estimado: 1 min

As compañías eléctricas están no punto de mira do BNG. A formación nacionalista acaba de rexistrar nas oficinas da Xunta máis de 23.000 sinaturas contra a suba do recibo da luz.

Ana Pontón asistiu a esa entrega desas sinaturas, que avalan un documento no que se pide unha tarifa eléctrica galega, amais da creación dunha compañía pública de enerxía. Para Pontón, moitas medidas non se están adoptando pola presión das grandes eléctricas sobre o poder político.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos