Publicador de contidos

null O Goberno retira o recurso á Lei galega de saúde que aclara que vacinarse será voluntario

O Goberno retira o recurso á Lei galega de saúde que aclara que vacinarse será voluntario

28/07/2021 15:51 Tempo estimado: 1 min

O Goberno central acepta retirar o recurso de inconstitucionalidade sobre a Lei galega de saúde, despois de que o Tribunal Constitucional levantara a suspensión a semana pasada. Foi o que acordaron no grupo de traballo entre Xunta e Estado, segundo desvelou o Goberno galego.

A Administración autonómica vai incluír unha disposición adicional que confirma que en Galicia a vacinación sempre será voluntaria. O presidente da Xunta di que é esta decisión do Goberno central é un triunfo da razón e da política.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos