Publicador de contidos

null O Grove, único concello galego no nivel máximo de restricións

O Grove, único concello galego no nivel máximo de restricións

Hai 55 concellos no nivel alto e 69 en nivel medio

10/08/2021 12:22 Tempo estimado: 1 min

O Grove é o único concello en nivel máximo de restricións. Así o informou o conselleiro de Sanidade nunha conferencia de prensa tras a reunión do comité clínico. No caso da hostalería permítese unha ocupación do 30 % no interior, con certificación covid e do 50 % das terrazas.

Julio García Comesaña destacou que son 55 os concellos que permanecen no nivel alto, e entre eles xa non se atoparan as cidades de Santiago e Ourense. Xa no nivel medio hai 69 concellos.

O conselleiro de Sanidade constatou unha tendencia á baixa da pandemia, pero subliñou que a incidencia segue sendo alta a 14 días (558 casos) e a 7 (244 casos).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos