Publicador de contidos

null O prezo da luz segue subindo e acadará este martes un novo máximo histórico

O prezo da luz segue subindo e acadará este martes un novo máximo histórico

10/08/2021 12:14 Tempo estimado: 1 min

O prezo da electricidade segue subindo, en pleno mes de agosto. E é que este martes, día 10, volverá tocar novos máximos históricos, por segunda xornada consecutiva, cun prezo de 111,88 euros o megavatio hora (MWh). Isto supón que se supera a marca acadada o luns de 106,74 euros. 

Se facemos a comparativa con respecto ao ano pasado, vemos que no segundo martes de agosto, que coincidiu co día 11, se situaba en 38,88 euros/MWh. É dicir, que practicamente se triplica.

O prezo situarase por riba dos 100 euros/MWh en todo momento, e marcará o seu máximo diario dende as 8 ata as 10 da noite, con 120 euros/MWh. O mínimo acadarase entre as catro e as cinco da tarde, con 102,02 euros/MWh.

O mes de xullo pechou cunha media diaria de 92,42 euros o MWh.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos