Publicador de contidos

null Parten desde Zaragoza os avións para evacuar os españois que agardan no aeroporto de Cabul

Parten desde Zaragoza os avións para evacuar os españois que agardan no aeroporto de Cabul

Preocupación e medo na comunidade afgá en España polo que poida pasar no seu país

17/08/2021 12:16 Tempo estimado: 1 min

Os militares que viaxan como escolta para evacuar o persoal español e os colaboradores locais que quedan en Cabul saíron nun primeiro avión da base de Zaragoza, pasadas as once e media da noite.

De momento, o Goberno non deu máis detalles de cando e como será a saída dende Cabul. Si teñen pechada a lista de persoas que van evacuar, entre persoal da embaixada, outros seis españois que seguen no país, segundo fontes diplomáticas, e cooperantes como os tradutores afgáns e as súas familias.

O caos no aeroporto de Cabul non facilita a operación e por iso os avións teñen Dubai como primeiro destino. O presidente do Goberno salientou que a comunidade internacional debe garantir a seguridade e dignidade do pobo afgán, especialmente dos máis vulnerables. Para a oposición, Pedro Sánchez está ausente nesta crise e pídenlle que compareza no Congreso para explicar a posición de España, como están facendo outros líderes europeos

O ministro de Asuntos Exteriores contactou cos grupos políticos para informalos do plan de evacuación e pediu unidade. Tamén agradeceu os ofrecementos das comunidades e concellos para acoller refuxiados. Outro xesto con Afganistán vímolo en Cibeles, esta noite, iluminada coas cores da súa bandeira como mostra de solidariedade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos