Publicador de contidos

null Percorrer o castelo de Soutomaior da man de tres personaxes ilustres

Percorrer o castelo de Soutomaior da man de tres personaxes ilustres

A fortaleza de Soutomaior vese cunha nova luz a partir do relato dunha anfitrioa de luxo, a escritora María Viñals, dona deste lugar a finais do século XIX e comezos do XX.

19/08/2021 11:19 Tempo estimado: 2 min

O castelo de Soutomaior ofrece estes días unha maneira distinta de coñecer a súa historia e o seus fabulosos xardíns. Tres mulleres moi vinculadas a este lugar recobran vida máis de cen anos despois da súa estancia no castelo para acompañar e informar os visitantes.

A fortaleza de Soutomaior vese cunha nova luz a partir do relato dunha anfitrioa de luxo, a escritora María Viñals, dona deste lugar a finais do século XIX e comezos do XX.

"Foi a propietaria do castelo durante un tempo, era a marquesa de Ayerbe e destaca a súa figura pola defensa dos dereitos da muller", explica Miriam, caracterizada como María Viñals.

María Viñals non está soa neste labor de guía. Acompáñaa a súa amiga Emilia Pardo Bazán e a filla do seu segundo marido, Emilia Lluria, moi vinculada ao hotel-sanatorio que seu pai creou a carón do castelo. 

"Na publicidade aparece o prezo, desde dez pesetas, todo incluído", salienta Ana, que interpreta a Emilia Lluria: "É unha forma moi amena de coñecer a historia a través de personaxes"

Ese rico patrimonio vexetal que rodea o castelo ten o recoñecemento de xardín de excelencia internacional polas súas especies senlleiras e unha valiosa colección de camelias. Os asistentes valoran a forma e a mestura de contidos que ofrece a visita.

Noelia, que interpreta a Emilia Pardo Bazán, subliña a loita de Viñals e Bazán por defender as mulleres. 

O próximo mércores as tres anfitrioas agardarán de novo os visitantes que reserven un pase para descubrir a rica historia deste lugar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos